22 / 06 Acordo para un goberno de coalición
Analizados os resultados electorais, a situación económica do Concello, os programas electorais das dúas forzas políticas e avanzado na reorganización administrativa do Concello, os Grupos Municipais do PSdG-PSOE e do BNG tomaron as seguintes decisións:
Goberno de Coalición
Concretar o compromiso de estabilidade do Goberno Local de Pontevedra mediante a formación dun Goberno de Coalición para todo o mandato, como fórmula que, nas circunstancias actuais de Pontevedra, mellor pode garantir a gobernabilidade e un Goberno forte, con impulso e capacidade de reacción e xestión.
As dúas forzas políticas reiteramos a nosa sensibilidade coa realidade social na que estamos a vivir e comprometémonos a levar a cabo dende a institucion municipal unha política sensíbel e atenta ás necesidades dos nosos veciños e veciñas; atenta aos requerimentos que xorden neste peculiar momento histórico e dotada da intelixencia e creatividade necesarias para darlles solución dentro das competencias municipais.
Principios do Goberno
Acordamos dotar ao Concello de Pontevedra dun goberno único, solidario, proporcional en responsabilidades e recursos que terá como principios básicos a austeridade na xestión e no gasto, a simplificacion administrativa, a transparencia e o diálogo sempre dende a defensa do interese público, esforzándose na optimización dos recursos, coa máxima lealdade entre todos os membros do goberno, sexan da mesma ou de distinta opción política e cun programa básico común.
A Xunta de Goberno será o órgano de decisión e cohesión do goberno ao que asistirán tanto os concelleiros e as concelleiras de pleno dereito como todos os demais concelleiros con responsabilidades de goberno.
Economía e crise económica
A crise económica e as súas tremendas consecuencias de atonía económica e, sobre todo, alto desemprego, centrarán todos os esforzos do goberno de coalición de Pontevedra. As medidas mais importantes serán:
Esforzo máximo do concello como elemento dinamizador da economía e xerador de emprego a través do esforzo investidor e de todas as medidas que, dentro das súas posibilidades, poida acometer o Concello.
Reaxuste e recorte, cando sexa necesario e posíbel, do gasto corrente e de persoal en aras a adaptar os gastos á situación económica e a aumentar a capacidade investidora do Concello.
Manter o máis baixa posíbel a presión fiscal (taxas e impostos) cos reaxustes necesarios para asegurar a prestacion dos servizos pero sempre por debaixo do IPC, cando menos até superar a crise económica.
Facer unha política de ingresos centrada na eliminacións das bolsas de fraude que puideran existir e na mellora dos padróns, aumentando así a xustiza e equidade no esforzo fiscal.
Outros aspectos programáticos
Se a crise económica e a loita contra o paro é o eixe central do programa común, existen outros moitos elementos compartidos entre os que destacamos:
Mellora da participación social tanto directamente como a través dos órganos que se acorde pór en marcha.
Aposta pola profundizacion nas políticas sociais.
Avance das infraestruturas de comunicación e servizos: rolda urbana, circunvalación, conexión desta coa rede periurbana, cercanía ferroviaria, mellora da Estación de Buses e da súa conexión viaria e coa estación de FF.CC., remodelación do Nó de Bombeiros, e as actuacións de subministro de auga do convenio con Aquanorte.
Posicionamento sobre o Hospital Único en Montecelo.
Avance no saneamento do territorio, especialmente nos ríos e na Ría e impulso ao traslado de ENCE-ELNOSA.
Impulsar o novo PXOM como elemento necesario para o desenvolvemento harmónico do concello, coa necesaria colaboración da Xunta.
Impulsar políticas activas de emprego e todas as medidas axeitadas para combater o paro.
Aposta decidida da cidade como destino turístico, congresual, feiral e de todo tipo de eventos
Estender os elementos de calidade urbana aos barrios periféricos e ás parroquias.
Posta en valor dos nosos recursos patrimoniais e ambientais.
Reforma e modernizacion da Administracion Municipal
Manter os servizos actuais, recortando só aqueles que poidan ser prestados por vías alternativas ou os que, sen ser competencia municipal, deixaron de ter financiamento da administración competente.
Recorte do gasto corrente.
Cífrase en 1.500.425 € sen que sufran promoción económica e a Área Social (Servizos Sociais e Benestar) que mesmo experimentan subas.
Esforzo investidor
As previsións para todo o mandato, período 2011-2015 cífrase entre 55 e 75 millóns de euros en función da evolución das variábeis económicas xerais. O esforzo será decrecente coa máxima intensidade neste ano 2011, no que se fixa como obxectivo alcanzar os 30 millóns de euros.
Goberno
Xunta de Goberno: 7 do BNG e 2 do PSdG-PSOE
Alcaldía: BNG; Tenencia de Alcaldía: PSOE, aínda que haxa substitucións.
Concelleiros non electos: poderá exercer esta posibilidade cada un dos grupos coaligados.
Presidencia de Comisións: 2 o PSdG-PSOE; 4 o BNG.
Reparto de responsabilidades e competencias
Competencias a desenvolver polos concelleiros/as do PSdG-PSOE:
Urbanismo: Modificacións do planeamento; planeamento de desenvolvemento, xestión urbanística.
Licenzas de obras, parcelamento, actividade e primeira ocupación.
Disciplina: disciplina urbanística e ambiental.
Vivenda: Actuacións en materia de Vivenda. ARI de Estribela.
Obras Urbanas: Proxectos de nova urbanización e reurbanización , agás no Centro Histórico e nos elementos catalogados.
Estacionamentos.- Xestión dos estacionamentos en réxime de concesión.
Educación: Xestión, conservacion e matemento dos centros públicos dentro das competencias municipais. Impulso á execucion de novos centros.
Xestión de programas e actividades nos centros educativos
Universidade.- Relacións e impulso a programas de colaboracion cos centros universitarios que desenvolven actividade no Concello de Pontevedra.
Deporte: Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva e instalacións deportivas. Presidencia do Instituto Municipal de Deportes.
Promoción Económica, Emprego e Turismo: Actividades de promoción económica de todos os sectores produtivos. Políticas de emprego. Promoción do Turismo. Xestión de Congresos e Feiras no Recinto Feiral en coordinación co organismo autónomo. Comercio. Incentivación das actividades empresariais.
Mercados Municipais. Venda ambulante. Matadoiro. Presidencia da Empresa municipal de turismo.
Competencias a desenvolver polos concelleiros/as do BNG.
Relacións institucionais: Relacións do Concello con outras Administracións e Institucións, en coordinación cos responsábeis directos da área de goberno.
Ordenación do territorio: Instrumentos de ordenación do territorio.
Infraestruturas: infraestruturas de comunicación e servizos tanto propias como de outras administracións.
Novo PXOM: Xestión do novo PXOM en tramitación.
Patrimonio Histórico: Obras e actuacións no Centro Histórico e outros elementos catalogados. Patrimonio cultural e etnográfico.
Cultura: Promoción e xestión da cultura. Dinamización sociocultural.
Sociedade do coñecemento.
Normalización lingüística e cultural
Festas
Xuventude.
Igualdade.
Consumo.
Facenda
Réxime Interior
Persoal
Patrimonio Municipal.
Servizos: Ciclo da auga, limpeza e RSU's, parques, xardíns e praias. Iluminación pública, vías públicas.
Servizos sociais: Servizos Sociais. Drogo-dependencias. Garderías.
Protección cidadá: Policía. Bombeiros. Protección Civil. Ocupación de vía pública.
Mobilidade: Mobilidade: transporte público e auto-taxis. Accesibilidade.
Sanidade: sanidade animal. Canceira e animais abandonados.
- 03 / 06 - Austeridade, redución do paro e atención aos Servizos Sociais, prioridades do próximo goberno municipal, tras a primeira reunión entre os grupos municipais do BNG e do PSOE para formar goberno
- 03 / 06 - Austeridade, redución do paro e atención aos Servizos Sociais, prioridades do próximo goberno municipal, tras a primeira reunión entre os grupos municipais do BNG e do PSOE para formar goberno
- 02 / 06 - Lores anuncia o inicio das conversas entre BNG e PSOE para a construción do futuro Goberno Local
- 22 / 05 - "Felicidades Pontevedra, grazas por estes resultados electorais"
- 22 / 05 - Lores: "Teño boas sensacións e agardo que hoxe sexa un día especial no que vote moita xente"
- 20 / 05 - Centos de persoas arroupan a Lores no mitin de peche de campaña
- 20 / 05 - Lores pide o voto de “todos os que queren a Pontevedra”
- 19 / 05 - Lores aposta por sacar o máximo proveito económico á alta calidade urbana de Pontevedra
- 19 / 05 - Con agarimo...
- 19 / 05 - Onte visitamos Barcelos
- 18 / 05 - Hoxe comemos no Carlos Oroza, que precisa un novo edificio
- 18 / 05 - Lores defende a ampliación do Campus na Gándara e a construción do Carlos Oroza, este último, parado pola Xunta
- 17 / 05 - Lores: “Ante a deslealtade da Xunta, imos iniciar a ronda urbana con fondos municipais”
- 16 / 05 - De reparto polo centro da cidade
- 16 / 05 - Lores: “A paralización de Montecelo é exemplo da diminución dos investimentos da Xunta do PP nos servizos públicos esenciais”
- 15 / 05 - O BNG destaca que o seu proxecto está sendo ben acollido polos pontevedreses, incluso mellor que hai oito anos
- 15 / 05 - Unha fermosa tarde no paseo do Lérez
- 14 / 05 - Lores aposta por recuperar a Xunqueira de Alba ao incorporar as actuales concesións dos organismos públicos
- 13 / 05 - Xunto aos veciños do barrio Leste
- 13 / 05 - Lores: “A nova Cidade Deportiva consolidará a Pontevedra como a capital deportiva de Galiza"
- 13 / 05 - O BNG introduce o humor ilustrado na campaña
- 13 / 05 - De visita no barrio de Eduardo Pondal
- 12 / 05 - Lores: "Telmo é un mal compañeiro de partido, porque se coñece a receita para crear emprego debera darlla a Feijoo"
- 11 / 05 - Lores advirte que a Xunta estuda eliminar a Cámara de Comercio de Pontevedra para levala para Vigo
- 10 / 05 - De paseo por Loureiro Crespo
- 10 / 05 - Lores propón un parque industrial de 450.000 metros cadrados en Liborei para construír o Porto Seco
- 09 / 05 - Lores aposta por recuperar o valor histórico da Ponte do Burgo para tráficos non motorizados
- 08 / 05 - Lores: “Por primeira vez na historia de Pontevedra, as parroquias serán as protagonistas da vida municipal”
- 08 / 05 - Lores manterá o Plan Monte Vivo e ofrece colaboración aos particulares para reforestar o monte
- 08 / 05 - Lores compromete a creación do gran Parque de Valdecorvos, de 60.000 metros cadrados, no leste da cidade
- 07 / 05 - Lores visita Campolongo en compañía dos veciños do barrio
- 06 / 05 - Lores garante unha reordenación do tráfico nas zonas conflictivas de tráfico a medida que se completen as infraestruturas en construción
- 05 / 05 - Lores: “Independentemente da ideoloxía, pediremos o apoio de todas as persoas que lle queran ben a Pontevedra”
- 04 / 05 - Lores aposta polos servizos sociais públicos fronte ás privatizacións que defende o PP como o Hospital Monte Carrasco
- 27 / 04 - Lores manterá a Concellaría e a Comisión de accesibilidade para traballar por unha cidade máis xusta
- 19 / 04 - Miguel Anxo Fernández Lores: “Si a Xunta concede a AAI á Ence, é a confirmación de que o PP traballa na consolidación do complexo pasteiro na ría”
- 08 / 04 - Miguel Anxo Fernández Lores: “Por vez primeira na historia de Pontevedra, as protagonistas serán as parroquias”
- 22 / 01 - Un modelo político para todas as persoas, para todos os pontevedreses
- 31 / 07 - Moitas grazas




